Assassin’s Creed Syndicate sae á venda
venres, 23 de outubro do 2015
Xa está aquÃ. Por fin pódese mercar o xogo Assassin’s Creed Syndicate,
tÃtulo que continúa a saga de Assassins contra Templarios, que pretende superar
o mal sabor de boca inicial deixado pola súa anterior entrega (Assassin’s Creed Unity) que chegou ao
mercado pouco depurado, de xeito que, pese a non ser un mal xogo e incluÃr
bastantes novidades, decepcionou a moitos xogadores que buscaban un mellor
acabado na primeira entrega da saga para consolas de nova xeración.
Este novo xogo sitúanos en Londres no Ano 1868, en plena Revolución Industrial,
permitÃndonos meternos na pel de Jacob Frye, un Assassin que emprega as súas
habilidades para axudar aos que ven os seus dereitos machucados polo avance e o
progreso, liberando a nenos empregados como escravos en fábricas ou roubando
obxectos preciosos de barcos inimigos. Tamén haberá que actuar como lÃder dunha
banda, tecendo alianzas con outras bandas para conseguir arrebatar aos
Templarios o control da cidade.
Esta aventura de mundo aberto manterá o parkour
propio da saga, aÃnda que tamén veremos persecucións en carruaxes, combates no
alto de trens e incluso poderemos atravesar o rÃo Támesis... coincidindo con
personaxes históricos como Darwin, Dickens ou a RaÃña Victoria.
Tráiler de lanzamento protagonizado por Jacob Frye
AÃnda que o protagonista de referencia é masculino, o xogo tamén ofrece como
alternativa á mestra do sixilo Evie Frye, quen colaborará co seu irmán xemelgo Jacob
na recuperación de Londres, destacando por apostar pola infiltración e os
ataques máis sutÃs, mentres que Jacob opta por enfrontamentos máis directos e
brutais. Evie serÃa a primeira protagonista feminina nun dos xogos de Assassin’s Creed principais (xa que as
anteriores Assassin femininas protagonizaran spin-offs).
Tráiler de lanzamento protagonizado por Evie Frye
Assassin’s Creed Syndicate pode
mercarse por 69,99 euros para
Xbox One e PlayStation
4, e por 59,99 euros para
PC.