Asus Taichi: Ultrabook por diante, tablet por detrás
luns, 4 de xuño do 2012
Para
comezar con forza a feira de tecnoloxÃa de Taipei, o Computex, Asustek levou
varios produtos preparados para o futuro Windows 8, entre os que destacou
o Asus Taichi, unha especie de ordenador portátil delgado na liña dos
actuais Ultrabooks que integra na súa tapa dúas pantallas, unha por diante e
outra por detrás, sendo esta última táctil para permitir o seu uso a xeito de
tablet. O equipo funciona cun procesador Intel Core i7, 4 Gb de RAM, unidade
SSD, 2 portos USB 3.0, cámaras delanteira e traseira capaces de operar a Full
HD, Wi-Fi N de dobre banda e 2 configuracións dispoñibles: 11,6 ou 13,3
polgadas.
- O Asus Transformer Book vén a ser un Transformer Prime con Windows 8
Aparte deste impresionante equipo, Asustek tamén amosou o Asus Transformer Book
(unha variación do popular Asus Transformer preparado para Windows 8, con
procesadores Intel no seu interior e con tamaños de pantallas de entre 11,6 e
14 polgadas), o Asus Tablet 600 (tablet con pantalla Super IPS de 10,1 polgadas
cunha resolución de 1.366 x 768 pÃxeles, procesador nVIDIA Tegra 3, 2 Gb de RAM
e cámara de 8 MpÃxeles, que funcionará con Windows RT e ao que pode engadirse
un teclado externo para convertelo nunha especie de ultraportátil) e o Asus
Tablet 810 (versión superior ao anterior que incrementa a súa pantalla a 11,6
polgadas e será compatible con stylus
de Wacom).
AÃnda que os produtos que Asustek pretende achegar con Windows 8 resultan moi
interesantes, curiosamente chamou máis a atención nas últimas horas unha
desafortunada mensaxe a través de Twitter da compañÃa, na que facÃan un chiste
sexista, e que foi eliminado rapidamente (o que só contribuÃu a facer falar
máis sobre o asunto).
- Broma sexista publicada por Asus a través de Twitter</A>
- O Asus Tablet 810 opera cun procesador ARM, de aà que o seu sistema operativo sexa o Windows RT (versión de Windows 8 para este tipo de procesadores)
Achega en vÃdeo ao impresionante Asus Taichi