Asus prepara un novo Chromebook con pantalla táctil
martes, 27 de decembro do 2016
O Asus Chromebook
Flip terá en breve un sucesor, o Asus C302CA, que filtrouse
momentaneamente nunha tenda en liña, de xeito que puidemos coñecer as
especificacións deste interesante equipo cun sistema operativo orientado á nube
e que gañou moito atractivo dende que Chrome OS integrou a posibilidade de
correr aplicacións de Android.
O Asus C302CA funcionará cun procesador Intel Core m3-6Y30 a 2,2 GHz, 4 GB de
RAM, 64 GB de almacenamento EMMC, pantalla táctil Full HD de 12,5 polgadas, Wi-Fi
AC, Bluetooth 4.2, 2 portos USB-C, Bluetooth 4.2, toma para auriculares e micrófono,
webcam HD, lector de tarxetas microSD e teclado retroiluminado, un grosor de
1,37 centÃmetros e un peso de 1,2 quilogramos cunha baterÃa de 2 celas.
Este novo ordenador terÃa un prezo de 499 dólares, polo que pode parecer un
tanto caro, xa que serÃa un equipo bastante contido en especificacións, pero
dado que ten un formato ultraportátil e unha pantalla táctil con boa
resolución, de xeito que pode cubrir tanto funcións propias dun ordenador
portátil como dunha tableta.