Asus presenta móbiles con dobre cámara frontal e traseira
venres, 18 de agosto do 2017
A nova
xeración de smartphones de Asus vén de amosarse en sociedade, e a liña ZenFone
4 non é precisamente cativa, senón que chegará en catro variantes: o ZenFone 4
Pro, o ZenFone 4, o ZenFone 4 Selfie Pro e o ZenFone 4 Selfie. Unha vez máis a
compañÃa taiwanesa insiste na calidade da cámara dos seus móbiles, que desta
volta presumen de ser os primeiros en contar con dobre cámara frontal e
traseira, conseguindo asà adaptarse a moitos máis escenarios nos que disparar
unha instantánea con calidade.
O Asus
ZenFone 4 Pro será todo un móbil insignia, cun procesador Qualcomm
Snapdragon 835, 6 GB de RAM, até 128 GB de almacenamento interno e unha cámara
traseira dobre con sensor Sony IMX362 de 16 MpÃxeles con apertura f/1.7 e unha
capacidade de zoom de até 10x. Para a
cámara frontal confórmase cunha cámara simple con apertura f/1.9, a súa baterÃa
de 3.600 mAh conta con carga rápida (con 5 minutos de carga permite falar por
teléfono 2 horas), ten unha pantalla AMOLED Full HD e tamén inclúe NFC e lector
de pegadas (para facilitar os pagamentos co móbil).
O Asus ZenFone
4 será máis modesto, conformándose cun procesador Qualcomm Snapdragon 630/660,
4/6 GB de RAM, 64 Gb de almacenamento, cámara dual con apertura f/1.8 e baterÃa
de 3.300 mAh.
Pero os móbiles máis rechamantes serÃan os novos Selfie, como o ZenFone
4 Selfie Pro, que aÃnda que se conforme cun procesador Qualcomm Snapdragon
625, ¾ GB de RAM e 64 GB de almacenamento, presume de dobre cámara frontal para
selfies. A súa cámara frontal
principal ten un sensor de 16 MpÃxeles con f/2.0 cun campo de visión de 83
graos (capaz de disparar selfies de
24 MpÃxeles), mentres que a outra cámara traseira conta cun grande angular de
120 graos, conseguindo asà unha grande versatilidade (pois facilita a
realización de fotografÃas de grupo ou para amosar lugares que visitamos).
Tanto as cámaras traseiras como as frontais poden gravar vÃdeo 4K.
Pola súa banda o ZenFone 4
Selfie reduce unha vez máis a súa configuración para presentar un
procesador Qualcomm Snapdragon 430, 4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento, e
incluso a súa pantalla pasa de AMOLED a IPS. Mantén a dobre cámara de frontal,
permitindo facer selfies de 20
MpÃxeles, pero desta volta as súas cámaras reducen a gravación de vÃdeo a Full
HD.
- Os ZenFone 4 Selfie Pro destacan por contar con dobre cámara frontal e traseira, asà como unhas especificación bastante elevadas