Asus presenta un portátil compatible con xogos en 3D
xoves, 19 de novembro do 2009
AÃnda que os ordenadores
portátiles non sexan os máis recomendables para os videoxogos iso non quere
dicir que non existan equipos deste tipo moi optimizados para tal fin, coma o
novo Asus
G51J 3D, que emprega un potente procesador Intel Core i7, unha tarxeta
gráfica nVIDIA GeForce GTX 260M con 1 Gb de memoria dedicada, lector de
Blu-ray, disco duro de ata 500 Gb, altofalantes Altec Lansing e pantalla de
15,6 polgadas cunha resolución de 1.366 x 768 pÃxeles e velocidade de refresco
de 120 Hz, de xeito que é compatible coa tecnoloxÃa nVIDIA 3D Vision, ou sexa,
que pode empregarse con lentes (incluÃdas) que permiten o acceso a contidos
estereoscópicos neste equipo que ten
un prezo duns 1.650 euros.
Este equipo vén cunha versión de 64 bits de Windows 7, e grazas a tecnoloxÃa de
nVIDIA permitirÃa gozar en 3D preto de 400 xogos para PC entre os que estarÃan
tÃtulos coma Batman: Arkham Asylum, World of Warcraft ou Left 4 Dead 2, sendo este último xogo o
que probaron
dende Engadget neste equipo, quedando moi satisfeitos coa experiencia de
xogo no mesmo, deixando claro que non haberá que agardar a que cheguen as
pelÃculas en 3D para poder gozar desta tecnoloxÃa, xa que os videoxogos hai
tempo que están preparados.
- A xente de Engadget probou este equipo