Asus terá tablet con lapis dixitalizador de Wacom

venres, 10 de xaneiro do 2014 Marcus Fernández

Co gallo do CES de Las Vegas Asus fixo oficial esta semana o seu novo tablet VivoTab Note 8, un equipo con Windows 8.1 que presenta unha pantalla de 8 polgadas cunha resolución de 1.280 x 800 píxeles e que destaca por contar cun lapis dixitalizador de Wacom, sendo o primeiro dispositivo deste tipo en gozar de tal prestación, lembrándonos aos GALAXY Note de Samsung, pero mudando Android por un Windows completo, e podendo resultar un elemento diferenciador fronte a outros tablets de tal tamaño, pola precisión que achega para o seu control o contar cun stylus de precisión.
Este novo equipo conta cun procesador Intel Atom Z3740, 2 Gb de RAM, ata 64 Gb de almacenamento interno ampliable mediante microSD, un grosor de 10,95 milímetros e 376 gramos de peso, que poderá gozar de grande aceptación por funcionar cun Windows completo e ter un prezo de só 299 dólares con 32 Gb de almacenamento interno e 349 dólares con 64 Gb de almacenamento (219 e 255 euros respectivamente), agardándose que saian á venda entre os meses de marzo e abril.

O novo tablet de Asus poderase controlar cun lapis dixitalizador de Wacom

PUBLICIDADE