Ataque a los Titanes terá xogo para Nintendo 3DS

venres, 9 de agosto do 2013 Marcus Fernández

A serie de manga Shingeki no Kyojin (en España, Ataque a los Titanes) comezou a publicarse no Xapón a finais de 2009, converténdose en todo un fenómeno a nivel internacional (vendeu máis de 20 millóns de copias só no Xapón), especialmente tras a estrea no mes de abril da súa adaptación en forma de serie de animación, e continuando neste senda de éxitos que incluso promete levar a historia á pantalla grande, sábese agora que está en preparación un vídeo xogo baseado no título que Spike Chunsoft está a preparar para Nintendo 3DS, descoñecéndose polo momento máis detalles sobre o mesmo, pois a confirmación do desenvolvemento deste xogo limitouse á aparición do mesmo na páxina web do estudio que o está a realizar.
Ataque a los Titanes desenvolve a súa historia nun futuro ficticio inspirado na Idade Media, na que a humanidade foi case exterminada pola aparición duns seres con forma humana e enorme tamaño (de 3 a 15 metros), os Titáns, que aliméntanse de humanos, aínda que un grupo de persoas logra sobrevivir máis dun século tras a protección de murallas de 50 metros de altura ata que un día un Titán Colosal fai acto de presenza, facendo que un grande grupo de Titáns penetres as defensas e desencadee unha serie de enfrontamentos nos que o obxectivo é rematar con todas estas criaturas.

PUBLICIDADE