Atari merca Intellivision
venres, 24 de maio do 2024
Entre as marcas asociadas aos videoxogos clásicos destaca especialmente Atari, unha compañÃa que para moitos foi a que introduciu as consolas nos fogares, pero mentres daba os seus primeiros pasos a Atari 2600 apareceu tamén unha consola de Mattel chamada Intellivision, competindo duramente con Atari até a crise dos videoxogos en 1983.
AÃnda que Intellivision conseguiu facer historia, a compañÃa quedou relegada a unha marca e un catálogo de xogos clásicos, e Atari vén de anunciar a súa compra, de xeito que Atari é agora da marca Intellivision e de máis de 200 dos seus xogos.
É posible que moitos queiran entender que é a constatación da vitoria de Atari sobre Intellivision, rematando o que poderiamos considerar a primeira guerra de consolas (antes da histórica rivalidade entre Nintendo e Sega), pero o certo é que ambas compañÃas levan moitos anos mortas, e o único que queda delas é a súa marca.
A Atari actual non provén da compañÃa californiana fundada por Nolan Bushnell en 1972, senón que realmente estamos ante a francesa Infogrames, que en 2003 mudou de nome para converterse en Atari S.A.
Temos asà que a compra de Intellivision é simplemente un incremento das propiedades intelectuais baixo o control da compañÃa que poden explotarse de moi distintos xeitos (como a recuperación dos xogos clásicos da vella consola até a comercialización de consolas retro en formato mini que tanto éxito están a ter nos últimos anos).