Audiosurf 2 estrea acceso anticipado en Steam

xoves, 3 de outubro do 2013 Marcus Fernández

O curioso xogo de velocidade Audiosurf que permite correr sobre a nosa propia música, permitindo crear unha experiencia diferente para cada canción, conseguiu ser todo un supervendas en Steam cando saíu á venda en 2008, e agora Dylan Filterer quere repetir o éxito, e estrea en Steam como xogo con acceso anticipado (modalidade que permite adquirir o xogo cando aínda non rematou o seu desenvolvemento) Audiosurf 2, título que está dispoñible por 13,99 euros.
Audiosurf 2 permite elixir as cancións sobre as que desexemos correr, así como estética que desexemos que adopten as pistas durante o seu percorrido, que poderá realizarse a través de distintos modos de xogo dos que podemos ter boa conta a través do blog de desenvolvemento deste xogo que ten moitas bazas para ser un éxito seguro.


Trailer da estrea en Steam de Audiosurf 2 en acceso anticipado

PUBLICIDADE