Auriculares profesionais a prezo económico

martes, 24 de agosto do 2010 Marcus Fernández

Para gozar dunha boa calidade de son, os profesionais fan uso de auriculares pechados de marcas como AKG, pero os usuarios domésticos poden achegarse a tal experiencia grazas a auriculares coma os AKG K 142 HD, que teñen un acabado profesional, son cómodos, conta con conectores estándar bañados en ouro, cable de 3 metros de lonxitude e un peso de 225 gramos que destacan especialmente polo seu prezo, pois segundo publican en Applesfera, é posible atopalos na Rede por uns 100 euros (portes incluídos). Toda unha ganga para os que queiran gozar na casa dunha excelente calidade sonora ao escoitar música.

PUBLICIDADE