BackTrack, o gravador para guitarras eléctricas
xoves, 18 de setembro do 2008
AÃnda que nos
videoxogos estean a arrasar as guitarras
de xoguete o mundo da tecnoloxÃa non esquece as guitarras eléctricas de verdade, e Line 6 comercializa un interesante
dispositivo coñecido coma BackTrack que funciona a
xeito de gravador especÃfico para guitarras eléctricas (se activa
con só detectar sinal) que incluso conta cunha versión cunha entrada de
micrófono (para poder rexistrar tamén voz).
O BackTrack conéctase entre a guitarra e o amplificador, e permite a gravación
de ata 12 horas no seu modelo básico con 1 Gb de memoria (o modelo que incorpora
entrada de micrófono inclúe 2 Gb de memoria, polo que pode almacenar o dobre de
música).
As
gravacións sonoras a 24 bits e 48 KHz en formato WAV poden transferirse a un
ordenador por USB (conector que tamén serve para recargar o
trebello) de xeito que é doado facer un seguimento de ensaios e momentos de
inspiración coa guitarra. O modelo básico se vende a 139,99 dólares, mentres
que o que inclúe toma para micrófono custa 209,99 dólares.