Barbanza-Arousa lanza un videomapping para coñecer o Camiño de Santiago ao seu paso pola comarca

mércores, 3 de marzo do 2021 Pedro Pérez

A Mancomunidade Barbanza-Arousa continúa a súa aposta por promover o itinerario xacobeo comarcal (o Camiño de Santiago A Orixe) e faino pola vía tecnolóxica e virtual. En concreto, a través dun videomapping por cada etapa do percorrido polo Barbanza desde Corrubedo a Santiago de Compostela.
A organización continúa así promovendo o Camiño de Santiago a través de diferentes ferramentas tecnolóxicas para dalo a coñecer nun mundo cada vez máis dixitalizado. O mapa mostra algúns dos paisaxes que se poden desfrutar ao largo deste recorrido, que marca a orixe da tradición xacobea. A ferramenta, sinala a mancomunidade, “transmite deste xeito camiño dunha forma particular, con vídeos curtos e concretos por cada etapa, e sumando elementos de interese para os peregrinos como son as áreas de descanso ou as fontes de auga potábel”.
O videomapping pódese atopar no sitio de Barbanza-Arousa na plataforma Youtube, nas redes sociais e, proximamente na súa páxina web. Ademais, co fin de facilitar o coñecemento do recorrido ao maior número de persoas posibles, o track estará dispoñíbel nas plataformas de rutas con maior número de descargas a nivel nacional, como son Wikiloc e Strava.
Barbanza Arousa segue adaptándose á nova situación causada pola pandemia. Debido ás novas tendencias nos viaxes e o cambio de paradigma, a Mancomunidade pon en valor o Camiño de Santiago do Barbanza A Orixe, e sitúao como unha oferta potencial de alta calidade e competitividade nos próximo anos.

PUBLICIDADE