Barnes & Noble renova o seu NOOK
martes, 24 de maio do 2011
- William Lynch foi o encargado de presentar en sociedade o novo lector de libros electrónicos de Barnes & Noble
Hoxe en New York,
William Lynch, o xerente de Barnes & Noble, anunciou un novo lector de
libros electrónicos con pantalla de 6 polgadas de tinta electrónica táctil
cunha resolución de 600 x 800 pÃxeles, baterÃa cunha autonomÃa de ata 2 meses,
conectividade Wi-Fi N e un prezo de 139 dólares, que chegará ás tendas o
vindeiro 10 de abril, para tentar roubar un pouco máis de mercado ao Kindle de
Amazon.
O novo
NOOK pesa 212 gramos, conta cun panel con tecnoloxÃa Pearl de E Ink
(incorporada nos últimos lectores de libros electrónicos), 16 niveis de gris na
súa pantalla, 2 Gb de almacenamento (suficiente para milleiro de libros) ampliable
mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb, conector micro USB para cargar o
dispositivo ou comunicalo cun PC, soporte de ficheiros ePUB, PDF, JPEG, GIF,
PNG e BMP e unha
serie de prestacións nas que sae gañando se o comparamos co Kindle, como
pode un cambio de páxina máis rápido, un catálogo de tÃtulos dispoñible moi
superior, a posibilidade de emprestar libros
a usuarios de múltiples plataformas (o lector de B&N está dispoñible
para os lectores NOOK, terminais con iOS, Android, e ordenadores persoais con
Windows ou Mac OS X), conexión Wi-Fi de balde en librarÃas de Barnes &
Noble e puntos de acceso públicos da operadora AT&T e unha autonomÃa moi
superior.
Curiosamente, sen este atractivo dispositivo á venda Barnes
& Noble xa foi quen de facerse con 25% do mercado dos libros electrónicos
(mentres que nos libros fÃsicos teñen o 17%), polo que a compañÃa aÃnda poderÃa
ir a mellor nun sector que parecÃa monopolizado por Amazon. Amais, co
lanzamento deste novo NOOK, o
modelo anterior baixa de prezo a 119 dólares con Wi-Fi e 169 dólares con 3G,
ata fin de existencias.
A xente de Gizmodo xa puido ter o
dispositivo nas súas mans, e as súas impresións foron bastante positivas, especialmente
na comodidade do dispositivo na man (algo fundamental para un trebello deseñado
para usarse durante horas), aÃnda que a súa resposta táctil non sexa moi boa e
o feito de incorporar tal funcionalidade fai que a pantalla non sexa totalmente
mate, polo que ante a luz directa pode amosar algúns reflexos.
- O agarre do NOOK parece bastante cómodo
- O novo NOOK conta con pantalla táctil