Base de carga con altofalantes para a PS Vita

martes, 24 de abril do 2012 Marcus Fernández

Nyko Technologies vén de pór á venda nos EE.UU. por 29,99 dólares (22,70 euros) unha base para a consola portátil PS Vita que serve para cargar o dispositivo e como altofalante estéreo, ideal para escoitar música ou ver películas coa última portátil de Sony.
O Speaker Stand for PS Vita inclúe un jack de liña que fai que non só poidan funcionar coa PS Vita, senón que este altofalante tamén poderá empregarse cun iPod ou moitos outros dispositivos (aínda que non se axustarán con tanta precisión e seguridade como a PS Vita).
É de agardar que en breve tamén estea dispoñible en España este curioso accesorio, como moitos outros que este fabricante ten no mercado europeo.

PUBLICIDADE