Batman: Arkham Asylum contara con modos de desafío

luns, 30 de marzo do 2009 Marcus Fernández

O xogo Batman: Arkham Asylum continúa dando a coñecer detalles de cómo será para abrir boca, acadando especial éxito un vídeo exhibido durante a pasada Games Developers Conference no que podemos ver o xogo en movemento, no que haberá que facer uso de moitas artimañas e trebellos para derrotar a multitude de inimigos sen matalos, o que supón todo un reto lonxe dos típicos xogos de tiros.
Temos agora claro que o xogo pretenderá ser fiel ao personaxe de cómic, e Batman non se limita a saltar a unha habitación chea de inimigos a repartir leña, senón que terá que combinar infiltración e acción, agochándose e sorprendendo aos inimigos que vaian aparecendo, aínda que existirán modos de desafío nos que poderemos elixir se superar unha fase en modo de combate ou en modo depredador, seguindo estratexias totalmente opostas.
Este título para Xbox 360, PlayStation 3 e PC podería chegar ás tendas en xuño, aínda que dende o seu equipo de desenvolvemento non se atreven a dar unha data concreta.


O vídeo presentado na GDC presenta cómo se supera unha fase sixilosamente

PUBLICIDADE