Batman: Arkham Asylum volve ás tendas ¡en 3D!

martes, 16 de marzo do 2010 Marcus Fernández

O pasado verán despediuse coa chegada dun magnífico videoxogo para PC, Xbox 360 e PlayStaiton 3, Batman: Arkham Asylum, que a semana que vén vai retornar ás tendas cunha nova edición Juego del Año que incluirá, aparte do xogo, 6 novos mapas de desafíos e a posibilidade de xogalo en 3D sen precisar dun equipo especial e incluíndo lentes para poder gozar do modo de xogo estereoscópico.
Esta edición do xogo polo momento é exclusiva de Europa, Asia e Australia, de xeito que os xogadores norteamericanos, que puideran gozar dunha edición de coleccionista de auténtico luxo, desta volta quedarán fóra do ámbito de distribución desta nova entrega do xogo do Home Morcego que está á espera dunha secuela que posiblemente veremos no mes de agosto.


Trailer da edición Juego del Año de Batman: Arkham Asylum

PUBLICIDADE