Batman: Arkham City non chegará a PC ata novembro
mércores, 21 de setembro do 2011
Falta exactamente
un mes para que poidamos ver nas tendas españolas o xogo Batman: Arkham City nas súas versión de Xbox 360 e PlayStation 3,
pero os usuarios de PC van ter que ser máis pacientes, pois Warner Bros
Interactive anunciou que o xogo desenvolvido por Rocksteady Studios vai
demorarse ata o mes de novembro na súa versión de ordenador (sen chegar a
concretar a data final do seu lanzamento).
A este anuncio acompáñano unha serie de novas imaxes do xogo que dan a entender
que estamos ante un tÃtulo espectacular e o anuncio de que a súa precuela, Batman:
Arkham Asylum, vai estrear versión para Mac o
13 de outubro, o que dá a entender que Arkham City tamén poderÃa chegar aos equipos de Apple dentro
duns meses.
- Batman: Arkham City contará con grandes convidados como Bane
- O xogo traslada a acción ás rúas, ampliando considerablemente o escenario fronte á súa anterior entrega