Batman: Arkham City sairá no outono de 2011
venres, 6 de agosto do 2010
O éxito de Batman: Arkham Asylum, considerado coma
o mellor xogo da historia baseado nun personaxe de cómic, garantÃa unha
secuela, pero dende Rocksteady Studios, lonxe de limitarse a crear un produto
rápido e doado (simplemente engadindo novos mapas sen modificar a súa mecánica
de xogo) confirman que non
veremos a nova entrega ata outono de 2011, e levará por tÃtulo Batman: Arkham City, en referencia a
unha nova prisión de máxima seguridade sita no corazón de Gotham City.
O xogo para PlayStation 3, Xbox 360 e PC incorporará a múltiples personaxes
clásicos das aventuras de Batman, de xeito que veremos a moitos dos inimigos do
Cruzado da Capa que non apareceran na anterior entrega (por non estar recluÃdos
en Arkham no momento do motÃn organizado polo Joker).
Batman: Arkham City xa conta con páxina web, e tamén
cunha serie de
ilustracións que axudan a elevar as expectativas sobre un xogo moi
prometedor:
- Os primeiros artworks do xogo dan a entender que contará coa presenza de Catwoman e Dúas Caras