Batman: Arkham Knight adÃase até 2015
martes, 3 de xuño do 2014
Pese a que o xogo Batman:
Arkham Knight, que porÃa fin á triloxÃa de xogos do gardián de Gotham emprendida
por Rocksteady Games esperaba chegar ao mercado este outono para PC,
PlayStation 4 e Xbox One, os seareiros desta excelente saga teremos que agardar
uns meses máis para poder gozar deste novo episodio das aventuras de Batman, xa
que o
xogo adÃa o seu lanzamento até 2015, segundo vén de deixar claro o novo
trailer do mesmo, no que nos permiten ver en detalle unha das súas novidades
máis prometedoras: o batmóbil.
O vehÃculo co que o cabaleiro da capa contará en Batman: Arkham Knight non só permitirá que se desprace dun lado a
outro da cidade, senón que funcionará como un auténtico carro de combate
fortemente armado, resultando de grande axuda para a súa loita contra o
Espantallo e o seu novo aliado, o misterioso Arkham Knight, que é o personaxe
que dá nome a este xogo. Do batmóbil tamén pódese comentar que actuará como
unha extensión do protagonista do xogo, servindo non só para os seus
desprazamentos, senón podendo controlarse tamén a distancia, o que abrirá novas
posibilidade xogables.
Trailer de presentación do novo batmóbil