Batman: Arkham Knight amosa o seu combate dual

luns, 27 de abril do 2015 Marcus Fernández

Warner Bros e Rocksteady Studios están a ultimar o xogo Batman: Arkham Knight, que sairá á venda o 23 de xuño nas súas versións para PS4, Xbox One 3 PC, poñendo fin a unha triloxía de grande éxito que quere despedirse por todo o alto, estreándose na nova xeración de consolas de videoxogos aproveitando a súa potencia para incluír numerosas novidades, como as que podemos ver no seu novo trailer titulado todos os que te seguen.
No novo vídeo vemos como Batman terá que contar coa axuda dos seus aliados (Robin, Nightwing, Azrael, Catwoman...) para poder salvar Gotham do Espantallo e o exército do Arkham Knight, así como tamén botamos unha primeira ollada os sistema de combate dual co que contará Batman e que facilitará aos xogadores intercambiarse entre o Cruzado da Capa e os seus aliados durante os combates.
O xogo permitirá controlar o Batmóbil por primeira vez na saga, pero non será o único grande vehículo-morcego que veremos en acción, xa que no último trailer tamén fai acto de presenza o novo Batwing:

PUBLICIDADE