Batman Arkham Origins ampliará a súa historia en abril
mércores, 26 de febreiro do 2014
A partir do vindeiro 22 de abril os afortunados xogadores de
Batman Arkham Origins
para PC, PlayStation 3 e Xbox 360 terán dispoñible un novo capÃtulo descargable
para continuar as aventuras do protector de Gotham que levará por tÃtulo Cold, Cold, Heart, e que vén de estrear
un teaser que serve precisamente para
fixar a data de lanzamento deste capÃtulo que narrará os inicios de Mr. Freeze,
un dos mellores inimigos aos que Batman tivo que enfrontarse nesta saga de videoxogos.
Os usuarios da versión para Wii U quedarán sen este contido descargable.
Este novo DLC para o último xogo de Batman esperta bastante expectación,
agardándose que engada bastante historia e tempo de xogo como fixera o episodio
La Venganza de Harley Quinn en Batman Arkham City. Polo que se pode ver
no novo vÃdeo promocional, parece que veremos a Mr. Freeze facer acto de
presenza nunha entrega de premios na Mansión Wayne, acompañado por varios
esbirros con armas especiais que previsiblemente afectarÃan ao sistema de xogo
e poderÃan levar a Batman a vestir un traxe especial para facerlles fronte, asÃ
como estrear algún novo accesorio, seguindo asà as liñas habituais desta serie
de xogos.
Teaser do DLC Cold, Cold, Heart para o xogo Batman Arkham Origins