Belkin anuncia un novo interruptor conectado
luns, 9 de setembro do 2013
Belkin está a facer interesantes aportacións á domótica a
través da súa familia de dispositivos WeMo, entre os que era un dos produtos
máis significativos o Interruptor
WeMo, que conectado a un enchufe permite o apagado e acendido de
dispositivos eléctricos do fogar directamente dende o iPhone facendo uso dunha aplicación de
balde para iOS, e que pode empregarse tanto dende a rede local doméstica
como dende fóra (sempre que o WeMo estea conectado á Internet a través dunha rede
Wi-Fi doméstica) e agora anuncian un
dispositivo evolucionado deste, o Interruptor WeMo Insight, que terá un
prezo de 59,99 euros e inclúe funcións de monitorización.
O Interruptor WeMo Insight non só poderá controlarse dende o smartphone ou tablet
(tanto con iOS como con Android) e acepta programación horaria, senón que tamén
controla o consumo, de xeito que podemos recibir notificacións en función do
seu consumo enerxético, o que permÃtenos saber se deixamos o televisor acendido
ou se a lavadora rematou o seu programa.
O novo dispositivo tamén é compatible con IFTTT, servizo en liña que mediante receitas permite programar reaccións,
facilitando que poidamos controlar este interruptor conectado a través de
correo electrónico, redes sociais ou distintos servizos en liña (o que poderÃa
servir, por exemplo, para acender un enchufe en función das condicións
meteorolóxicas).
Teremos que agardar ao mes de decembro para ver o novo produto da familia WeMo
nas tendas e na páxina web de Belkin.