Belkin prepara unha base para cargar sen fíos simultaneamente o iPhone e o Apple Watch

luns, 24 de setembro do 2018 Marcus Fernández

Hai xa máis dun ano que Apple anunciou o seu cargador sen fíos AirPower, e dado que aínda non hai previsión sobre a data na que chegará a comercializarse o produto, outros fabricantes moven ficha, e así Belkin anuncia que en decembro porá á venda o BOOST↑UP Wireless Charging Dock, un cargador por indución que será capaz de cargar simultaneamente sen fíos un móbil a partires do iPhone 8 e un reloxo Apple Watch, converténdose nunha opción moi atractiva para os usuarios moitos usuarios que poden así cargar os seus trebellos de uso diario pola noite nun único lugar.
Este novo cargador poder achegar até 7,5 watts a través do sistema de carga indutiva para o teléfono (sendo compatible con fundas de até 3 milímetros de grosor), pode entregar até 5 watts a 1 Ampere a un Apple Watch e incluso conta cun porto USB-A de 1 Ampere para poder recargar outro dispositivo.
Este produto terá un prezo duns 160 dólares nas tendas de Apple, aínda que cómpre salientar que Belkin tamén conta cunha base de carga chamada PowerHouse, que en vez de carga Qi conta con carga por Lightning, o que permite que o seu prezo oficial sexa de 99,99 euros (aínda que actualmente pode atoparse por 30 euros menos en Amazon.es).

PUBLICIDADE