Belkin presenta a primeira batería externa que pode cargarse por Lightning

venres, 6 de xullo do 2018 Marcus Fernández

Belkin vai pór á venda a batería a primeiros de agosto a batería externa modelo F7U046, que venderase con carcasa en branco ou negro e en capacidades de 5.000 e 10.000 mAh a prezos de 39,95 e 59,95 dólares respectivamente, destacando por un detalle moi especial: é a primeira batería externa que oficialmente (conta con certificación MFi) pode recibir a súa carga a través dun conector Lightning.
Estamos ante unha prestación que pode parecer irrelevante, pero ten un obxectivo moi claro: minimizar o uso de cargadores e cables. Deste xeito, un usuario dun iPhone ou dun iPad poder cargar o seu dispositivo móbil e a súa batería externa co mesmo cable e adaptador de corrente, non precisando de cables adicionais ou de conectores micro USB.
Esta batería BOOST CHARGE de Belkin soporta carga rápida, e no caso do modelo con 10.000 mAh pesa 240 gramos e mide 154 x 71 x 17 milímetros.

PUBLICIDADE