BioShock 2 chegará antes a Europa que a EE.UU.

mércores, 27 de maio do 2009 Marcus Fernández

BioShock 2 é unha das secuelas máis agardadas dos últimos tempos, e Ben Feder, director xeral de Take-Two, durante unha roda de prensa na que presentou os resultados financeiros trimestrais da súa compañía desvelou a súa data de lanzamento, que curiosamente será o 30 de outubro en Europa e o 3 de novembro nos EE.UU., no que é un dos poucos casos nos que os europeos nos adiantamos a norteamericanos e nipóns.
O xogo estará dispoñible para Xbox 360, PlayStation 3 e PC, aínda que é posible que non saia simultaneamente nas 3 plataformas, de xeito que non só a versión para PC sairía máis tarde (como é habitual en moitos títulos) senón que incluso a entrega para Xbox 360 podería gozar dunha exclusividade temporal, en vista de que a súa primeira entrega aínda chegou a PS3 un ano despois que a versión da consola de Microsoft.

PUBLICIDADE