BioShock Infinite recibe o seu primeiro DLC
martes, 30 de xullo do 2013
O xogo estrela de 2K e Irrational Games, BioShock Infinite, un dos tÃtulos
multiplataforma máis vendidos no que vai de ano, recibe hoxe un interesante contido
descargable de pagamento titulado Enfrentamiento
en las nubes que pode descargarse para PlayStation 3, Xbox
360 e Windows PC
por un prezo duns 4,49 euros (aÃnda que tamén pode adquirirse dentro dun pase de tempada con todos os
contidos descargables para o xogo que chegarán nos vindeiros meses) e que
ofrece novos retos e novas oportunidades de combate.
En BioShock Infinite: Enfrentamiento en
las nubes temos 4 novas áreas inspiradas nos contornos de BioShock Infinite e ao completar os 60
desafÃos de Blue Ribbon os xogadores poderán desbloquear a Sociedade
Arqueolóxica de Columbia, dando acceso a novos voxáfonos, kinetoscopios e arte
conceptual que contribuirán a enriquecer este mundo de ficción que mestura
numerosos elementos propios da cultura steampunk
con grande acerto.
Este DLC resulta bastante predicible, limitándose a ser unha simple ampliación
do xogo, mentres que dende Irrational confirman que están a traballar nunha
nova campañas dividida en dúas partes cunha historia totalmente nova entre
Booker e Elizabeth que adorarán os seareiros desta saga, pois situará aos
protagonistas na cidade submarina de Rapture antes da súa caÃda. Cada unha das
partes de BioShock Infinite: Panteón
Marino venderanse de xeito individual a un prezo duns 12,99 euros (estando
tamén incluÃdas no mencionado pase de tempada).
- As futuras campañas do xogo trasladarán a acción a Rapture
Trailer de lanzamento de Enfrentamiento en las nubes
Trailer da futura campaña BioShock Infinite: Panteón Marino