Bioshock terá unha secuela en 2009

mércores, 12 de marzo do 2008 Marcus Fernández

Imaxe da primeira entrega de Bioshock

En vista de que Electronic Arts está interesada en adquirir Take-Two, a firma de creación de videoxogos de éxito como a saga de Grand Theft Auto ou Manhunt anunciou que o seu revolucionario Bioshock terá unha secuela para o outuno de 2009.
O novo título estará desenvolvido polo estudo 2K Marin (creado hai poucos meses en California, e ó que foron a parar moitos dos desenvolvedores da primeira entrega de Bioshock).
Os que non coñezan Bioshock poden adquirir unha copia do xogo de acción en primeira persoa para PC na plataforma de descargas Steam, que vén de rebaixar o seu prezo a 29,95 dólares (19,44 euros, cando o seu prezo orixinal nas tendas é de 49,95 euros, mentres que a versión para Xbox 360 chega ós 64,95 euros).

PUBLICIDADE