Bloodborne chega como o xogo exclusivo de PS4 mellor valorado

martes, 24 de marzo do 2015 Marcus Fernández

Nas últimas semanas puidemos ver como The Order: 1886, un dos grandes xogos-reclamo para a compra dunha PlayStation 4 convertíase na grande decepción da última consola de Sony, por considerarse como un título de grande nivel gráfico que non chegaba a compensar a súa limitada experiencia de xogo (a súa campaña pode rematarse en poucas horas e non resulta rexogable), de aí que a seguinte grande exclusiva para PS4 estea a esperarse con grande interese, e parece que non decepcionará.
Mañá mesmo chegará ás tendas Bloodborne, a nova creación de FromSoftware, compañía detrás de títulos como Dark Souls e Demon Souls, que manterá a liña destes títulos de grande éxito, pero con suficientes novidades como para considerarse un título cunha identidade de seu e que está a sorprender de xeito moi agradable polas magníficas críticas recibidas, que o situarían entre os 3 mellores xogos da historia da PlayStation 4 e o mellor se obviamos as revisións de xogos dispoñibles para as consolas da anterior xeración.
Bloodborne pode presumir dunha puntuación en Metascore de 93 sobre 100, deixando claro o apoio da crítica a este xogo valorado cun 9,3 en MeriStation, cun 9,4 en Vandal e cun 9,5 en 3DJuegos, deixando claro que a crítica española vai na liña da internacional, confirmando a calidade deste xogo de rol con moita acción e cunha ambientación terrorífica, que o fan só recomendado para maiores de 16 anos, o que non debería de ser un atranco para que sexa un dos supervendas da primeira metade do ano.


Trailer de lanzamento de Bloodborne

PUBLICIDADE