Bluesky por fin permite publicar vÃdeos
mércores, 11 de setembro do 2024
A prohibición de X no Brasil levou a millóns de usuarios a buscar alternativas na Rede, e curiosamente moitos destes usuarios foron parar a unha plataforma recente e de uso moi reducido, Bluesky, que o pasado 4 de setembro tivo que saÃr a anunciar que en poucos dÃas rexistraron máis de 2,6 millóns de altas, das que o 85% proviñan do Brasil.
Este crecemento disparado levou a que dende Bluesky respondesen anunciando novidades para asà poder manter o interese dos usuarios que atopaban que as posibilidades da plataforma eran aÃnda moi limitadas, por estar moi inmatura. De feito, sorprende que unha plataforma social que leva preto de 3 anos funcionando anuncie hoxe que por fin permiten publicar vÃdeos.
Agora, os usuarios de Bluesky poden facer publicacións con vÃdeos de até 60 segundos de duración, que inicialmente se reproducirán de xeito automático (o que pode mudarse na configuración da aplicación). Tamén ofrecen a posibilidade de incluÃr subtÃtulos nos vÃdeos, aÃnda que esta prestación bota a andar con limitacións que probablemente vaian mudando pouco a pouco (como un lÃmite de 25 vÃdeos ou 10 GB de vÃdeo compartidos ao dÃa).
Actualmente estÃmase que Bluesky ten unha base de usuarios próxima aos 9 millóns, o que segue a ser unha cantidade cativa, pero moi superior á de hai uns meses, polo que segue a ser unha incógnita se Bluesky poderá sobrevivir a longo prazo, aÃnda que converterse nun foro social de peso no Brasil poderÃa ser un elemento que facilite a súa supervivencia (aÃnda que tamén poderÃa ser xusto o contrario, pois non podemos esquecer que Google pechou Orkut cando máis da metade dos seus usuarios eran brasileiros, deixando claro que algúns paÃses non teñen peso á hora de manter a viabilidade económica nunha plataforma en liña).