Blur chegará no outono para revolucionar o xénero de carreiras

mércores, 20 de maio do 2009 Marcus Fernández

Activision e Bizarre Creations están a traballar nun novo videoxogo para Xbox 360, PlayStation 3 e PC que chegará no outono e que pretende revolucionar o xénero das carreiras de automóbiles. Blur será un título realmente trepidante no que contaríamos con 20 coches nun circuíto e que sorprende por contar cuns gráficos fotorrealistas; os xogadores poderán realizar ataques ofensivos e defensivos mentres loitan por liderar as carreiras, que se desenvolverán por circuítos reais que van dende Los Ángeles e San Francisco ata as rúas de Hackney (Reino Unido) ou as estradas de Barcelona.
Sobra dicir que o xogo tamén contará con modos multixogador en equipos, de xeito que poderán competir ata 20 participantes en liña e incluso 4 xogadores na mesma consola (mediante pantalla partida).


Teaser do xogo

PUBLICIDADE