Blusens Touch 97, unha alternativa galega ao iPad 2

luns, 3 de decembro do 2012 Marcus Fernández

Miguel Silva amosou o novo tablet Blusens Touch 97 durante a celebración do TEDxGalicia

Durante a pasada edición do TEDxGalicia fixo acto de presenza tanto no escenario coma nos corredores un novo dispositivos de Blusens, o tablet Touch 97, que está xa á venda por 249 euros e que pode resultar de grande atractivo para os usuarios que buscan unha alternativa económica ao iPad 2, á vez que poden gozar das vantaxes que supón gozar do sistema operativo Android 4.0.4 (como poden ser a conectividade USB 2.0 ou a reprodución de contidos para Adobe Flash Player 11).
O Blusens Touch 97 conta cunha pantalla de 9,7 polgadas cunha resolución de 1.024 x 768 píxeles, procesador de dobre núcleo a 1,6 GHz, gráfica de 4 núcleos Mali 400, 1 Gb de RAM, 16 Gb de memoria interna ampliable mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, cámaras de 2 e 03, Mpíxeles e batería de 8.000 mAh que promete unha autonomía de máis de 10 horas. Mide 23,3 x 19 x 0,98 centímetros e pesa 629 gramos.
Ten conector microUSB 2.0, saída HDMI a 1.080p, altofalante, micrófono, inclúe auriculares e pode gozar dun inmenso catálogo de aplicacións descargables a través de Google Play, así como dunha ampla variedade de formatos multimedia soportados (de xeito que non temos que converter os vídeos para poder velos) e mesmo é compatible con varios modems USB 3G para poder facer uso da banda larga móbil.
Dende Blusens tamén venden por 29,90 euros unha funda que permite protexer o tablet de agresións externas sen impedir o acceso aos seus portos e teclas multimedia.

O novo tablet de Blusens conta cunha pantalla de 9,7 polgadas cunha resolución de 1.024 x 768 píxeles
O tablet goza dunha boa conectividade (microUSB 2.0, Bluetooth 4.0 e saída HDMI)

PUBLICIDADE