Blusens presenta un novo reprodutor multimedia con pantalla táctil de 2,8 polgadas

venres, 18 de abril do 2008 Marcus Fernández

O fabricante galego Blusens presentou un novo reprodutor MP4 con 4 Gb de capacidade que se venderá a uns 100 euros que permite a reprodución de vídeos en MP4 e AVI, a visualización de JPEG e BMP, escoitar música en MP3, WMA e WAV, recibir radio FM e mesmo inclúe xogos. Na reprodución sonora soporta etiquetas ID3 e permite visualizar letras de cancións LRC.
Pero o Blusens P37 destaca especialmente por ter unha pantalla táctil de 2,8 polgadas, o que rendondea o produto que tamén inclúe un lector de tarxetas microSD, altofalante traseiro e gravador de voz.

PUBLICIDADE