Boiro forma ás mulleres desempregadas en Internet e redes sociais
luns, 31 de maio do 2021
O
Programa Integrado de Emprego do Concello de Boiro 2020-2021,
destinado exclusivamente a mulleres que combina formación online
e presencial, inicia dúas novas accións formativas. Por un lado,
ofrece un curso presencial de Internet
e redes sociais
de 15 horas de duración, mentres que por outro, propón un
certificado de profesionalidade Operacións
auxiliares de servizos administrativos e xerais
de 430 horas.
En
principio, na formación de Internet e redes sociais van participar
15 mulleres. A finalidade é que “as participantes dominen os
principais sistemas de correo electrónico, de almacenamento na nube
e o manexo das principais redes sociais”. Nesta actividade
traballarase a pegada dixital e a mellora da marca persoal, así como
diversos recursos web para a mellora da empregabilidade.
No
certificado de profesionalidade
Operacións
auxiliares de servizos administrativos e xerais
tamén vanse formar 15 mulleres. Nesta ocasión, as participantes
adquirirán competencias para distribuír, reproducir e transmitir
información e documentación requiridas nas tarefas administrativas
e de xestión internas e externas, así como realizar trámites de
verificación de datos e requirimentos de nivel superior. Ao
finalizar o módulo, as participantes realizarán prácticas en
empresas.