Boox lanza un novo eReader con formato de smartphone
mércores, 23 de outubro do 2024
Dentro dos dispositivos con pantalla de tinta electrónica existe unha variedade que se separa bastante dos lectores de libros electrónicos tradicionais, como o novo Boox Palma 2, que aposta por funcionar co sistema operativo Android 13 (polo que achega as vantaxes da lectura sen retroiluminación a aplicacións móbiles) e unha pantalla de 6,13 polgadas, polo que da a impresión de que estamos ante un smartphone.
O Palma 2 está equipado cunha pantalla capacitiva HD Carte 1200 cunha resolución de 300 puntos por polgada (824 x 1.648 pÃxeles), funciona cun procesador de 8 núcleos, conta con 6 GB de RAM e 128 GB de almacenamento, integra conectividade Wi-Fi e Bluetooth 5.0 e incluso incorpora unha cámara traseira de 16 MpÃxeles con flash LED (que pode resultar práctica para dixitalizar documentos).
Un dos detalles distintivos do novo trebello de Boox é que no seu botón de acendido integra un lector de impresións dixitais, tendo asà unha maior protección ante miradas alleas (e resultando dado de desbloquear cunha única man).
Temos asà un dispositivo claramente enfocado a sesións de lectura confortables, grazas en boa medida á aplicación NeoReader que permite personalizar a visualización dos documentos soportados.
O Palma 2 conta con luces frontais de dobre ton e sensor de luz, polo que pode empregarse como dispositivo de lectura de noite e de dÃa. Tamén inclúe funcións de reprodución sonora, polo que poderÃa empregarse como reprodutor musical (tanto a través dos seus altofalantes como por Bluetooth).
A baterÃa do Palma 2 é de 3.950 mAh, polo que a súa autonomÃa pode chegar a ser de moitos dÃas en función do uso que se dÃa ao dispositivo.
Falamos dun dispositivo moi interesante para quen queira gozar da experiencia da tinta electrónica en calquera recanto, aÃnda que para ter un Palma 2 hai que realizar un desembolso bastante elevado (299,99 euros).