Borderlands 2 estreará precuela no outono
mércores, 9 de abril do 2014
A saga
de xogos de acción en primeira persoal de Gearbox, Borderlands, conseguiu un grande éxito nas súas dúas entregas
principais, e para continuar enriquecendo a franquÃa 2K
anuncia un novo tÃtulo situado entre ambos xogos, Borderlands: The Pre-Sequel, que explorará o ascenso do malvado
Jack el Guapo, ambientando a acción
en Elpis (a lúa de Pandora), abrindo oportunidades ofensivas, estreando armas
láser e cryo que reforzarán o xa
amplo armamento existente en Pandora, e permitirá tamén encarnar a 4 novos
personaxes (a gladiadora Athena, o sicario Wilhalm, a defensora da lei Nisha e
Claptrap).
Borderlands: The Pre-Sequel contará
cun novo sistema de osÃxeno (que non só permitirá respirar en escenarios sen
atmosfera, senón que tamén ofrecerá un jetpack
propulsado por osÃxeno para realizar enormes saltos que, de combinarse co botón
de agacharse poderá orixinar un golpe no chan que deixará unha grande área de
dano).
O xogo empregará o mesmo motor gráfico que Borderlands
2 e chegará no outono para Xbox 360, PlayStation 3 e PC, quedando fóra as
consolas de nova xeración, polo que é unha boa oportunidade para seguir tirando
proveito das vellas consolas, que aÃnda poden achegar moita diversión nos
vindeiros meses. De feito, dende Gearbox destacan que o parque actual de
150-170 millóns de consolas Xbox 360 e PS3 é demasiado grande como para
ignoralo, mentres que as Xbox One e PlayStation 4 son aÃnda plataformas moi
pouco implantadas como para que compensen o investimento de xogos para as
mesmas a dÃa de hoxe.
Primeiro achegamento en vÃdeo ao xogo Borderlands: The Pre-Sequel