Borderlands 3 de balde por tempo limitado

venres, 20 de maio do 2022 Marcus Fernández

Gearbox conseguiu grande éxito cos xogos da saga Borderlands, o que levou a que sucedesen varias entregas en bastante pouco tempo, chegando Borderlands 3 en setembro de 2019, deixando constancia unha boa máis do bo facer dos seus responsables, e que non tiveran a oportunidade de gozar deste título teñen agora unha oferta irresistible: a Epic Games Store ofrece a edición estándar para PC de Borderlands 3 totalmente de balde.
Esta promoción está dispoñible até o vindeiro día 26 ás 17:00 horas, permitindo que os xogadores poidan enfrontarse cos xemelgos Calipso e a súa seita dos Fillos da Cámara na campaña da historia principal, podendo probar tamén os 3 eventos da tempada, e gozando tamén dun modo multixogador con xogo cruzado cos usuarios de consola.
Os que superen a campaña principal e queiran continuar a gozar da experiencia de Borderlands 3 teñen dispoñible contido adicional de pagamento repartido en dous pases de tempada.

PUBLICIDADE