Borderlands terá secuela no outono

mércores, 22 de febreiro do 2012 Marcus Fernández

2K Games anunciou oficialmente hoxe que o xogo Borderlands 2 chegará ás tendas europeas o vindeiro 21 de setembro en versións para PC, Xbox 360 e PlayStation 3, procurando así pór continuidade a un xogo que foi toda unha sorpresa ao agradar por igual a crítica e público pese a ser un xogo que saíu xunto aos grandes supervendas de finais de 2009.
Borderlands 2 pretende levar a franquía a un novo nivel, con máis armas, inimigos, misións, personaxes e mesmo unha historia máis atractiva, á vez que supón unha importante renovación do xogo. Amais, os consumidores que reserven o xogo antes do seu lanzamento poderán formar parte do Club Premiere, que facilitará o acceso a contidos adicionais: unha chave de outro (que desbloquea un estraño obxecto no misterioso santuario do cofre co botín), o cazador de reliquias da cámara (para xogar sos ou acompañados para aumentar a nosa fortuna) e o paquete de armas Gearbox (que inclúe armas únicas).


Novo trailer de Borderlands 2

A reserva do xogo incluirá contidos exclusivos

PUBLICIDADE