Borders comercializa un eReader a 119,99 dólares
mércores, 2 de xuño do 2010
Os lectores de libros
electrónico reaccionan á popularidade do iPad cuns prezos moi agresivos, e asÃ
a cadea de librarÃas Borders comezará a vender
o Aluratek Libre eBook Reader Pro por 119,99 dólares (97,44 euros),
o que supón unha importante rebaixa no produto (á
venda en Sears por 150,89 euros).
Este novo lector non utiliza tecnoloxÃa de E Ink na súa pantalla, senón que
serÃa unha pantalla LCD de 5 polgadas, pero co seu reducido prezo pretende facelo
atractivo para certo público (aÃnda que haberÃa que lembrar que a
mesma cadea de tendas tamén comercializa un eReader a 149,99 dólares).
O Libre Pro almacena os libros electrónicos nos seus 256 Mbytes de memoria
interna ampliable con tarxetas de memoria SD de ata 32 Gb, pode reproducir
música en MP3, pode sincronizarse con PC e Mac e a súa baterÃa permÃtelle unha
autonomÃa de ata 24 horas seguidas.