Bq pon á venda o seu primeiro tablet con Windows 8
luns, 9 de decembro do 2013
Nos últimos dÃas demos conta da importante actualización do
catálogo de smartphones do fabricante español Bq, que conseguiu colocarse na
terceira posición en vendas en España, detrás de Samsung e Sony, e non se
limita a estrear dispositivos de pequeno formato, senón que tamén busca estar á
última no sector dos tablets, para o que decidiu lanzar o seu primeiro
dispositivo con Windows 8, o bq Tesla W8, que
por 329,90 euros ofrece un ordenador completo con forma de tablet, resultando
un produto moi interesante para certo perfil de consumidor que busca a
mobilidade dos tablets sen ter que padecer as súas limitacións.
Este interesante dispositivo ten unha pantalla táctil IPS de 10,1 polgadas
cunha resolución de 1.280 x 800 pÃxeles (16:10), funciona cun procesador Intel
Atom Z2760 de dobre núcleo a 1,8 GHz (o que permite o uso de Windows 8
completo, e non do limitado Windows RT), 2 Gb de RAM, 32 Gb de almacenamento interno
ampliable mediante tarxetas SD, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, USB e baterÃa de 6.200
mAh. Este equipo cun grosor de 10,5 milÃmetros e un peso de 650 gramos non só
permite executar as aplicacións para interfaces táctiles de Windows 8 (dispoñibles
a través da Tenda de Windows), senón tamén as aplicacións tradicionais de
escritorio, destacando polo feito de incluÃr a versión doméstica do Microsoft
Office sen custo adicional.
Outro detalle destacable das tables con Windows 8 é a reprodución multimedia,
por poden reproducir practicamente calquera contido, por estarmos ante un dispositivo
que funciona cun sistema operativo de escritorio, non precisando de converter
os contidos multimedia para poder gozar dos mesmos en mobilidade (o procesador
integrado no bq Tesla W8 ten potencia suficiente para correr vÃdeos Full HD nos
formatos máis populares).
VÃdeo publicado por Bq no que explican os primeiros pasos que hai que dar co seu novo tablet