Bq presenta un smartphone 4G e unha nova tableta
martes, 25 de novembro do 2014
O
fabricante español Bq está a renovar o seu catálogo de produtos ampliando a súa
liña Aquaris E cun novo smartphone e unha nova tableta, que apuntan a
conquistar o público de cara á campaña de Nadal ofrecendo unhas grandes
prestacións a un prezo axustado.
O novo referente da compañÃa será sen dúbida o Bq Aquaris E5 4G,
un atractivo terminal que, como dita o seu nome, ten conectividade 4G e
pantalla IPS de 5 polgadas (que limita a súa resolución a 1.280 x 720 pÃxeles).
Este novo teléfono funciona cun procesador de 64 bits Qualcomm Snapdragon 410 de catro
núcleos a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno (ampliable
mediante tarxetas microSD), cámaras de 13 e 5 MpÃxeles, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, dobre microSIM
e baterÃa de 2.850 mAh; o seu grosor é de 8,7 milÃmetros, un peso de 139 gramos,
carcasa en branco ou negro, e sistema operativo Android 4.4 que agárdase que en
breve se actualice a Android 5.0. O seu prezo de venda é de 219,90 euros.
Máis ambicioso parece a tableta Bq Aquaris E10, que
conta cunha pantalla IPS de 10,1 polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.200
pÃxeles, procesador MediaTek de 8 núcleos a 1,7 GHz, 2 Gb de RAM, 16 Gb de
almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até 32 Gb), cámaras
de 8 e 5 MpÃxeles, Wic-Fi N, Bluetooth 4.0, GPS e baterÃa de 8.680 mAh. O seu
grosor é de 9 milÃmetros, o seu peso de 570 gramos, e tamén funciona con
Android 4.4 (prevéndose unha próxima actualización a Lollipop). O seu modelo con Wi-Fi véndese en branco ou negro por
259,90 euros, mentres que o modelo con 3G incrementa o seu prezo en 40 euros.