Brión achega seis cursos de informática para o que resta de ano
xoves, 10 de setembro do 2015
O Concello de Brión anunciou
hoxe a organización de seis cursos de
informática para o
último cuadrimestre
do ano 2015. Trátase de seis actividades
formativas que terán lugar na Aula
CeMit de Brión e para as
que é preciso un mÃnimo de 10 anotados para a súa realización. As
inscricións que poden realizarse na Casa da Cultura, no 981 50 99 08
ou no mail voluntariado@briondixital.org
ata tres dÃas antes do inicio de cada curso.
Dúas das
ditas actividades son dous cursos de iniciación ao manexo de
Windows, por un prezo de 30 euros. O primeiro deles será en xornada
de tarde, todos os luns e mércores do 21 de setembro ao 26 de
outubro, de 20:00 a 22:00 horas. O segundo será de xornada de mañá,
todos os martes e xoves do 22 de setembro ao 22 de outubro, de 10:30
a 12:30 horas. O curso de LÃnux, que tamén terá un prezo de 30
euros, desenvolverase os martes e xoves entre o 22 de setembro e o 22
de outubro, de 20:00 a 22:00 horas.
No caso
do curso de Word, tamén haberá dous grupos e o prezo será de 50
euros. O grupo da mañá terá clases os martes e xoves do 27 de
outubro ao 30 de decembro, de 10:30 a 12:30 horas. As clases do grupo
da tarde serán os luns e mércores do 28 de outubro ao 11 de
xaneiro, de 20:00 a 22:00 horas. Por último, o curso de Writer, que
tamén custará 50 euros, desenvolverase os martes e xoves do 27 de
outubro ao 12 de xaneiro, tamén en horario de 20:00 a 22:00 horas.