Burnout Paradise permitirá conducir o DeLorean de Regreso al Futuro

luns, 10 de novembro do 2008 Marcus Fernández

Non conformes con que Barack H. Obama se anunciase dentro do xogo Burnout Paradise, os seus creadores anunciaron para o ano que vén comezarán a distribuír o paquete de ampliación descargable Legendary Cars no que se incluirán coches de lenda coma o Calvary Bootlegger, o Manhattan Spirit, o GT Nighthawk ou mesmo unha réplica do DeLorean das películas de Regreso al Futuro, que incluso é capaz de saír voando.
Para recrear un dos vehículos máis coñecidos do cine, dende Criterion Games se basearon no Jansen 88 (modelo moi semellante ao orixinal DeLorean DMC-12) que incluso deixará marcas de lume no chan para lembrar máis á triloxía de Michael J. Fox.
Os 4 automóbiles do paquete Legendary Cars se poderán mercar en conxunto ou por separado, sendo unha interesante incorporación que axuda a manter este videoxogo que xa leva no mercado bastante meses.

A réplica do coche de Regreso al Futuro incluso poderá voar ou deixar marcas de lume no chan

PUBLICIDADE