Call of Cthulhu achéganos aos arrepiantes mundos de H.P. Lovecraft
martes, 30 de outubro do 2018
Os seareiros da obra de H.P. Lovecraft teñen dende hoxe
dispoñible un videoxogos que os cativará, Call of Cthulhu para Xbox One,
PlayStation
4 e PC
(Steam), que permitiranos tomar o rol do detective Edward Pierce na súa
investigación da morte da familia Hawkins na illa de Darkwater (fronte a costa
de Boston), tendo que dominar o rechamante sistema
de cordura, asà como ter que investigar e até sentir a influencia dos Grandes
Deuses, onde haberá que facer valer as nosas habilidades.
Este traballo do Cyanide Studio é unha adaptación oficial do xogo de rol clásico
Chaosium¸ e combina o estilo de xogo
de investigación cun apartado narrativo sen parangón cos mitos de Cthulhu. O detective
Pierce non só é un investigador obstinado por atopar a verdade, senón que tamén
é un alcohólico que loita por deixalo, torturado polo pasado cun desorde por
estrés postraumático e visións estañas, de xeito que viviremos como o seu mundo
comeza a derrubarse segundo a realidade se descompón e os soños convértense en
realidade... mentres o Grande Soñador prepara o seu espertar.
Para facernos unha idea do que ofrece este arrepiante xogo temos o seu tráiler de
lanzamento: