Call of Duty 4 chegará ós Mac en maio

xoves, 17 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Un dos xogos de acción en primeira persoa máis destacados de 2007 foi Call of Duty 4: Modern Warfare, que saíu no mes de novembro para PC, PS3, Xbox 360 e Nintendo DS, e agora Aspyr anuncia que para o mes de maio terá lista unha versión do xogo para Mac. Deste xeito, os usuarios de equipos de Apple poderán achegarse a un dos mellores títulos multixogador do mercado no que tomamos o papel dun soldado de infantería envolto nunha complicada trama chea de xiros. O xogador poderá acceder a multitude de armas e escenarios, e mesmo acceder á función de Kill-Cam, que permite rememorar os mellores momentos das nosas partidas.
O xogo venderase a 49,99 dólares e contará cuns gráficos e son de excepción, aínda que non se coñecen os requisitos que precisará para un óptimo funcionamento (sendo se supor que requirirá dun procesador Intel Core Duo ou superior e unha tarxeta de vídeo con memoria propia, como xa acontece con outros títulos semellantes).

PUBLICIDADE