Call of Duty: Ghosts</Em> chega ás tendas

martes, 5 de novembro do 2013 Marcus Fernández

Persoal de GAME colocando o novo xogo nos estantes de cara ao seu lanzamento

Un dos xogos máis agardados do ano e que será sen dúbida un dos supervendas da campaña de Nadal, Call of Duty: Ghosts, chega hoxe ás tendas, precedido de numerosas festas de lanzamento por todo o mundo para celebrar a estrea deste título desenvolvido por Infinity Ward e publicado por Activision, que desta volta estea novos escenarios, novos protagonistas e novo motor que achega animacións a 60 cadros por segundo en todas as plataformas. Os xogadores que gocen do seu modo en liña durante a vindeira fin de semana recibirán o dobre de puntos de experiencia como promoción de lanzamento.
Call of Duty: Ghosts conta con versións para Xbox 360, PlayStation 3, PC e Wii U, e tamén estará dispoñible para as nova Xbox One e PlayStation 4. Nesta nova experiencia ofrece unha dinámica na que os xogadores deberán loitar pola supervivencia dez anos despois dun devastador ataque que reescribiu as fronteiras e o equilibrio mundial no que un misterioso grupo clandestino de forzas especiais (Ghosts) lidera un ataque contra un exército tecnoloxicamente superior.

A pasada noite celebrouse a estrea do xogo en numerosas tendas de todo o mundo


Último trailer de Call of Duty: Ghosts

PUBLICIDADE