Call of Duty: Modern Warfare II facturou 1.000 millóns de dólares nos seus 10 primeiros días

luns, 7 de novembro do 2022 Marcus Fernández

Hai franquías que, pese a ter entregas anuais, manteñen o seu pulo a longo prazo, como é o caso dos xogos de Call of Duty, que vén facer historia con Modern Warfare II, xogo que nos seus 10 primeiros días superou os 1.000 millóns de dólares, superando a marca establecida por Black Ops II en 2012, que conseguira facer o mesmo en 15 días.
Activision asegura que nos primeiros 10 días do xogo para PlayStation, Xbox e PC conseguiu superar os 200 millóns de horas de xogo e os 1.000 millóns de partidas, constatando que estamos ante un lanzamento impresionante que pode describirse como o meirande lanzamento dun produto de lecer en todo 2022 e como o meirande lanzamento da historia dunha franquía ao superar os 800 millóns de dólares nos seus primeiros 3 días.
Pero o éxito da franquía non se limita a esta entrega, xa que o vindeiro día 16 lanzarán Call of Duty: Warzone 2.0, que tamén promete ser un éxito rotundo.

PUBLICIDADE