Call of Duty estrea remake para as consolas de alta definición

mércores, 2 de decembro do 2009 Marcus Fernández

Arroupado polo éxito do Call of Duty: Modern Warfare 2, chega ao Bazar de Xbox LIVE coma xogo Arcade descargable por 1.200 puntos (14,4 euros) o título Call of Duty Classic, que é unha adaptación ás consolas de alta definición do Call of Duty orixinal que Infitiny Ward lanzara para ordenadores en 2003, e que agora presenta gráficos mellorados, modo multixogador en liña e 24 espectaculares misións de 1 xogador en 4 campañas interconectadas.
A versión para PlayStation 3 de Call of Duty Classic chegará mañá a 14,99 euros.


Ollada rápida á renovación deste xogo bélico

PUBLICIDADE