Call of Juarez: Gunslinger porase á venda en formato dixital o 22 de maio

luns, 22 de abril do 2013 Marcus Fernández

A saga de xogos Call of Juarez soubo reinventarse en 2011 ambientándose no presente en Call of Juarez: The Cartel, pero tras ese sopro de aire fresco decidiron recuperar os seus raizames, e dende hai uns meses confirmaron que estaban a desenvolver Call of Juarez: Gunslinger, xogo para Xbox 360, PlayStation 3 e PC ambientado no Antigo Oeste, no que encarnaremos a un pistoleiro que deberá perseguir a personaxes como Billy O Neno, Pat Garrett, Jesse James... e que vén de estrear trailer.
Este xogo editado por Ubisoft está a ser desenvolvido por Techland, e xa ten fixada a súa data de lanzamento para o 22 de maio, pero non será nas tendas de videoxogos tradicionais nas que o atoparemos, senón que poderemos descargalo do Bazar de Xbox LIVE por 1.200 Microsoft Point ou da PlayStation Network por 14,99 euros. Os usuarios de PC tamén poden xa reservar o xogo por 14,99 euros a través de Uplay, e neste caso recibirán como recompensa pola compra anticipada un lote exclusivo de armas lendarias e o xogo Call of Juarez: Bound In Blood.


Novo trailer de Call of Juarez: Gunslinger

No xogo haberá que enfrontarse a numerosas lendas do Antigo Oeste

PUBLICIDADE