Cámara compacta de Casio cun zoom óptico de 10x

xoves, 11 de xuño do 2009 Marcus Fernández

Casio presenta a súa nova cámara EXILIM EX-H10, que non só ten un deseño elegante e delgado, senón que sorprende agradablemente ao incluír un zoom óptico de 10x pese a que o seu grosor sexa de só 24,3 milímetros. A cámara incorpora unha lente grande angular de 24 milímetros, toma imaxes a 12,1 Mpíxeles, ten unha sensibilidade de ata ISO 3.200, conta cunha pantalla LCD de 3 polgadas 3 pode gravar vídeo a 720p a 24 fotogramas por segundo e mesmo a 1.280 x 960 píxeles a 10 imaxes por segundo. A súa batería tamén mellora considerablemente á que podemos ver noutras cámaras semellantes, chegando a funcionar durante uns 1.000 disparos cunha única carga.
A cámara sairá á venda no Xapón o mes que vén a 40.000 iens (291,2 euros).

PUBLICIDADE