Cámara resistente á auga de AgfaPhoto

martes, 30 de xuño do 2009 Marcus Fernández

AgfaPhoto vén de lanzar ou mercado unha nova cámara dixital compacta resistente á auga, ideal para as vacacións de verán, e que soportaría a submersión a 10 metros de profuncidade, permitiría gravar vídeos con son debaixo da auga, é resistente á area e ten unha carcasa bastante resistente.
A AgfaPhoto DC-600uw ten un sensor de 6 Mpíxeles, carece de zoom óptico (conta cun zoom dixital de 5x), ten unha pantalla de 2,4 polgadas, conta con 32 Mb de memoria interna, é compatible con tarxetas SDHC, os vídeos que grava teñen unha resolución de só 640 x 480 píxeles (o que para moitos é axeitado para a súa publicación en servizos coma YouTube) e nos EE.UU. está á venda por 199 dólares (140,85 euros) aínda que en España é posible facerse coa mesma por 109 euros a través dunha promoción dun diario deportivo.

A cámara conta cunha pantalla de 2,4 polgadas

PUBLICIDADE